Pasarúas e pregón alternativo

Convocamos a todos os movementos sociais, organizacións políticas, sindicais e o resto de persoas da cidade que estean en contra da política municipal, a participar nun pregón alternativo o día do pregón oficial, satírico, socarrón e con mofa e befa da autoridade incompetente.

A acción consiste nun pasarúas con saída dende a Biblioteca da AAVV de Monte Alto (Campo de Marte) e percorrido por Rúa da Torre, Campo da Leña, Panadeiras, Rúa San Nicolás, Rego de Auga, Rúa da Fama, Avda. da Mariña e remate no Parrote. Alí lerase o pregón alternativo que estamos a preparar. De camiño faremos troula e festa, e para elo pedimos que participes, se é posible con disfraz da Coruña máis casposa. Pregón is Back, Mantiña e Peineta, Chisteiras, pikachus, bigotes e papadas, na honra da Súa Maxestade da Papada Negreira the Hutt.

Trae disfraz, faixas, cartaces, bandeiras… o que ti queiras, pero acude e amosémoslle ao concello do PP que non nos gusta a súa política. Que sexa unha boa festa.

pregoneiras

 

Advertisements

Opinións e ideas frescas

Se ben dende o xerme desta Plataforma sempre houbo a intención de coñecer e dar a coñecer, de debater entre diferentes acerca dos “porques” da situación, os nosos folgos non deran para artellar un calendario de xornadas de sensibilización que agora parece máis posible, debido sobre todo a que a obra xa está aí, e a que semella haber maior implicación dalgúns dos barrios que polo momento, a pesar de se manifestar en contra das obras,  adoptaran unha posición máis observadora dos acontecementos. No día de onte, con +/- medio aforo da sede do Colexio de Arquitectos, ao que lle agradecemos súa dispoñibilidade, puidemos apreciar outros matices, outras interpretacións que de seguro reforzan a nosas demandas. Poidemos escoitar así aspectos que van dende a propia irregularidade da obra en si ou do escurantismo do proceso, até a comprobación do incumprimento do que foran as razóns de ser deste proxecto: a mellora da mobilidade e a recuperación de espazo para o peón.

Mesa RedondaAs observacións dos dous representantes dos barrios, Atochas-Monte Alto e Cidade Vella na mesa  así coma doutros coma participantes, deixaron máis que claro o conxunto de posibilidades que cunha ínfima do opaco e escuro orzamento deste megaproxecto serían posibles nos seus cotiás.

Intereses electorais aparte e a sospeita desa pura e dura especulación á que as corporacións municipais nos teñen infelizmente acostuma@s, a análise do arquitecto Ignacio Ferreiro sinalou como aspectos máis relevantes o feito de que con este proxecto, se estaba a modificar a única zona do porto que continuaba aberta á cidadanía, nun alarde desa concepción decimonónica de cidade e da propia economía, que caraterizou, segundo verbas do Presidente do Colexio de Arquitectos, aos gobernos do Alcalde Francisco Vázquez, como ao do actual, o Sr. Negreira. O impulso da construción de grandes e ostentosas infraestruturas co ánimo de asoballar ao votante constituíu a súa razón de ser. O resultado, a cidade que temos, é descoñecida para os seus propios moradores, que  ven identificados seus recordos nunha serie de edificios aos que o seu pasado permanecía vinculado. A cambio, unha máis que dubidosa modernidade coa que non nos identificamos, e que produce sensacións contrariadas que difuminan as posibilidades de socialización dos espazos públicos, transformados en espazos por e para o consumo.

O caso é que, para quen non o saiba, a Porta Real da Muralla Medieval que daba paso á cidade vella será engulida por un proxecto que suprimirá as preto de 200 prazas de aparcamento libres e gratuítas que existían antes do comezo ca construción do aparcamento do Parrote, a carón dun Hospital, o Abente e Lago, que NON posúe aparcamento propio. A cambio, este exemplo de opulencia dará lugar a un aparcamento privado xestionado por  COPASA, como xa acontece cos numerosos aparcamentos, moito deles baleiros, construídos durante o “Vazquismo” os cales tamén por certo, ían a mellorar a mobilidade . O goberno popular suprime prazas públicas para que a cidadanía se vexa na obriga de pagar a COPASA por aparcar; se aquí non existe conivencia de intereses entre o Público e o Privado, entón si que xa vivimos na Caverna de Saramago.

Por outra banda, sorprende que non se producise ningún estudo de tráfico antes de realizar esta obra. Segundo este proxecto, cunha estética que  segundo varios asistentes constitúe un paso atrás, outro máis, cun maior “endurecemento” da cidade, producirase un transvase de tráfico cara ás outras dúas arterias de conexión coa península, Santo Andrés e o Paseo Marítimo, se un/ha se quere achegar á Torre de Hércules. A fluidez entre barrios verase claramente limitada, e máis concretamente, o Casco histórico converterase nun reduto para os privilexiados turistas, pois o seu acceso ao resto da cidadanía resultará moito máis complexo. Xa que logo, o proxecto tivo que ser DECIDIDO pola Autoridade Portuaria, pois xunto ao Centro Comercial que existe a carón do Palexco, resulta o principal beneficiario destes túneles…

Mesa redonda 2

Respecto da recuperación do espazo para o peón, está claro que tan só a vontade política era un requisito imprescindible. O insulto desas papeleiras de 950€, ou da pasarela que dende a última vez que o recordamos, subiu de 600 a 700.000€, para “poder toca-lo mar”, nunha cidade que este anos foi literalmente bañada polo mesmo non deixan marxe á ridiculez destas motivacións: o que lle  interesa a esta corporación municipal é gastar carto público, non hai máis escusa!

Xa para rematar, querería deixar constancia dalgúns aspectos comentados nos reflexións dos e das asistentes á Mesa Redonda; fronte á imposibilidade de xustificar as dúas principais motivacións desta “faraonada” do equipo Negreira, o terceiro argumento esgrimido foi o de recuperar o “Comercio da Cidade”;  creo que non lle hai que dar moita volta para observar como queda en evidencia; con tan só nos preguntar acerca de quen vai ir comprar a un sitio tan pouco accesible, e máis aínda, con se preguntar quen se poderá permitir o luxo de poder mercar alí, xa temos a resposta. Se eses, polo momento preto de 60 millóns de fosen investidos na mellora das capacidades dos e das desempregadas para optar ao mercado laboral, ou no estímulo de iniciativas xeradoras de emprego, se cadra outro cantar estariamos a escoitar.

Primeira Mesa Redonda

En omesa redonda a mariña-01rde a coñecer e a dar a coñecer máis acerca deste proxecto, desenvolvemos esta mesa redonda para tratar de explicar un pouco acerca da historia deste proxecto, dos outros alternativos  que de seguro permitirían peonalizar a Mariña sen por elo ter que recorrer a grandes orzamentos nin a concesionarias de dubidosa procedencia. Os  intereses agochados baixo esta enorme infraestrutura esqueceron en todo momento facer algo que para nós é prioritario: avaliar a rendibilidade social desta infraestrutura.

Son moitas as voces en contra deste proxecto que pretende constituírse coma o “toque final” para revalidar o goberno do Partido Popular tal e coma con anterioridade fixera o Sr. Francisco Vázquez,  a quen por certo, o Sr. Negreira parece tratar de emular. Voces en contra todas elas caladas baixo unha estratexia que pretendeu politizar a esta plataforma, e por outra banda, amordazar calquera intento de poñer en dúbida ó “rodillo popular”. Sería moi sinxelo empregar iso de –que non nos representan-, porque así acontece, pero o que é máis triste é comprobar que tampouco representan a quen non seu momento lles chegou a votar; se esta obra non é un exemplo dos verdadeiros intereses dun grupo e dos seus achegados que din representar á cidadanía, haberá entón que lembrarlles que esa cidadanía da que falan non ten nada que ver coa que cada día pasea pola Coruña. Se cadra esta mesa é outro intento, un máis, por despertala do seu longo letargo.

 

O tunel da opacidade que busca a reelección do Sr. Negreira.

Unha nova recollida no diario El País, onde se alude dun xeito moi particular a como é presentado este pantagruélico proxecto. Resaltamos o seguinte fragmento que resulta bastante significativo: carlos-negreira

(vai en castelán no orixinal) “… resulta incluso un misterio cómo se pagará la factura de una obra pública que, en total, supera ya los 50 millones de euros. El gobierno local, que cargará a las arcas municipales el grueso del ambicioso proyecto, rehúsa dar cifras y precisar presupuestos. Lo único claro, según el alcalde, Carlos Negreira, y el presidente de la Autoridad Portuaria, Enrique Losada, es la fecha prevista de inauguración: será dentro de un año, dos meses antes de la cita con las urnas.

Info no seguinte enlace: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/03/09/galicia/1394389922_688281.html

Veciños da Cidade Vella Opóñense ás Obras da Mariña

coches na cidade vellaUnhas das primeiras reaccións de veciños supostamente beneficiados polas Obras da Mariña e do Parrote. Mentres o tráfico invade as súas rúas, dándose situación de auténtico escándalo, cos veciños e veciñas accedendo ás súas casas por riba dos vehículos que abarrotan todo casco antigo,  para o Goberno Municipal o máis importante é que os veciños paguen cartos á concesión do aparcadoiro que durante 50 anos beneficiará a COPASA.  Lee máis aquí: http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2014/02/25/vecinos-ciudad-vieja-oponen-obra/815109.html